Yelko e Costas, a un paso do Lugo, segundo a Radio Galega


Foto: Mónica Irago
Os canteiráns David Costas e Yelko Pino son dous dos xogadores que poderían saír do Celta antes de que se peche o mercado de verán. A intención do clube vigués é isa, e tamén os propios futbolistas estarían interesados xa que non contan para Berizzo, como quedou demostrado o pasado venres no Memorial Quinocho. Yelko non foi nin tan sequera convocado, mentras que Costas non xogou despois de quencer durante toda a segunda metade xunto con Madinda. 

Pois ben, o destino de ámbolos dous xogadores podería ser Lugo, segundo informou onte pola noite Xaime Escudeiro no Galicia en Goles da Radio Galega. O xornalista vigués asegurou que o clube da cidade das murallas estaba a piques de pecha-la incorporación destes dous xogadores, que formaron parte daquel equipo xuvenil, adestrado por David de Dios, que alcanzou a final da Copa de campións da categoría. 

Costas, que o ano pasado só xogou un partido de Liga, e Yelko, que estivo a meirande parte do curso no xuvenil, terían así a oportunidade de gañar minutos nun equipo de Segunda División como o Lugo, que ademáis garda moitas semellanzas co Celta en canto á aposta futbolística, primeiro con Quique Setién, e agora coa chegada de Luis Milla. Ademáis, en Lugo atoparíanse con Toni Otero, ex director da canteira céltica, agora dirixindo a secretaría técnica blanquivermella, e que ademáis adestrou a Yelko no Celta B na última fase da Liga. 

0 comentarios:

Publicar un comentario