![]() |
Foto: Marta G. Brea |
Tino Saqués, o novo presidente do Lugo, pasou esta noite polos micrófonos do Galicia en Goles da Radio Galega, para analizar diversas cuestións, entre elas a posibilidade de que David Costas e Yelko Pino recalen finalmente no conxunto albivermello. O mandatario lucense recoñeceu que existen “dificultades” para as cesións dos dous xogadores celestes, cos que non conta Berizzo.
A nova do interese lucense nestes xogadores foi anunciada onte por Xaime Escudeiro, xornalista do ente autonómico, e confirmada por Saqués no popular programa das noites na Galega. Ademáis, anunciou que hai unha terceira vía, e as especulacións apuntan ó nome de Levy Madinda, a quen a semana pasada Torrecilla situou no fútbol francés.
0 comments:
Publicar un comentario