Xantar de confraternización entre o Celta e Agrupación de Veteranos


O Real Club Celta e a Agrupación de Veteranos compartiron onte unha comida de confraternización á que asistiron o presidente do club, Carlos Mouriño, e a totalidade dos integrantes do consello de administración: os vicepresidentes Ricardo Barros e Pedro Pousada e os conselleiros Carmen Avendaño, Primitivo Ferro e Antonio Rosendo, ademais do director xeral, Antonio Chaves, e o seu homólogo da Fundación Celta, Germán Arteta. Por parte da Agrupación de Veteranos acudiron o seu presidente. Paco Doblas e os directivos Valdo Otero, Jesús Sánchez, Fernando Rodilla, Nando e Moncho Carneiro.

O club e a Agrupación de Veteranos manteñen unha estreita relación e o contacto e a colaboración entre ambas as entidades son fluídos e constantes. A comida serviu unha vez máis para intercambiar impresións, debuxar proxectos e iniciativas e, sobre todo, falar dunha paixón común: o Real Club Celta.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario