Vigo e o Celta presentes nos cinco xogadores galegos máis caros da historia


Foto: Salvador Sas
Santi Mina entra de cheo na historia do fútbol galego. O vigués é, só por detrás de Míchel Salgado, o segundo xogador galego máis caro da historia. Míchel Salgado marcou no ano 2000 unha cifra teito que aínda non foi superado por ningún xogador, a pesares de que nas últimas datas hai varios xogadores achegándose ás debanditas cifras. 

A segunda posición era para Iago Aspas, que agora é terceiro, despois de ser superado por Mina. O Liverpool pagou fai dous anos 9 millóns de euros polos seus servizos, e este mesmo verán o Sevilla executou a opción de compra de 6 millóns que figuraba no seu contrato de cesión. Esta cantidade sitúa ao moañés na terceira posición deste particular ranking. 

No cuarto posto atopámonos con dous xogadores traspasados este verán. Joselu e Iago Falque, que custaron 8 millóns de euros a Stoke City e Roma respectivamente, pechando así a lista dos cinco xogadores galegos máis caros da historia, que teñen no Celta e en Vigo o seu denominador común. 

Dos cinco, catro foron formados no Celta, e tres deles traspasados polo propio equipo vigués: Míchel Salgado, Santi Mina e Iago Aspas, que ademáis encabezan a clasificación. O cuarto é Joselu, que pertenceu ó Celta, pero non entra na lista polo traspaso do conxunto celeste. O quinto é Iago Falque, sen relación algunha co Celta, pero vigués de nacemento. Na lista hai dous vigueses (Mina e Falque), tres se consideramos vigués a Míchel Salgado, nado nas Neves, pero residente en Vigo dende pequeniño. Joselu naceu en Alemaña, pero criouse en Silleda, e Iago Aspas é de Moaña. Todos eles da provincia de Pontevedra. ¿Casualidade? 

0 comentarios:

Publicar un comentario