Hugo Mallo, o decano do Celta


Foto: Eugenio Álvarez
Parece que foi onte cando Hugo Mallo chegou ó primeiro equipo do Celta. Foi no verán do ano 2009, e case sen presentación. O Celta apostou por un rapaz de Marín, cos 18 anos recén cumpridos, para reemplazar a Edu Moya, que foi apartado do equipo despois da súa denuncia por impago. Eusebio atopábase con Vasco Fernandes e Hugo Mallo no lateral dereito. 

Seis anos despois, Hugo Mallo está totalmente consolidado no primeiro equipo. É, a día de hoxe, o xogador que máis tempadas vestiu a camisola celeste de forma consecutiva, e despois da retirada de Borja Oubiña, tamén é o xogador con máis partidos de experiencia, liderando en solitario esta clasificación cunha diferencia moi cómoda sobre o seguinte, que é Iago Aspas. 

Hugo Mallo xogou 182 partidos co Celta, nos que marcou dous goles. Un queda moi lonxano, xa que foi fronte ó Villarreal B, alá pola tempada 2010-11. O último foi na derradeira xornada de Liga, con dedicatoria a Oubiña incluida. A Hugo non se lle pide que marque goles, pidenselle outras cousas e case sempre as da. Nestes seis anos asistimos en directo á conversión dun xogador sen formar, en un auténtico futbolista de Primeira División con capacidad para optar, incluso, á ser internacional. 

E aínda é novo. Ten 24 anos e xa o vemos como un xogador moito máis veterano. Por diante ten un gran futuro se o respetan as lesións, que foron lastrando a súa traxectoria nos últimos tempos. Foi esa falta de continuidade, eses veráns incompletos, os que impediron que a súa progresión fose máis rápida. Tal vez por iso segue aquí, porque fai dous anos tiña novias dabondo. Agora un pouco menos, pero para o celtismo segue a ter o mesmo valor.  

0 comentarios:

Publicar un comentario