![]() |
Foto: Mela Blázquez |
Despois dos catro primeiros partidos do Celta na pretempada, varios son os canteiráns que saben que contarán con moi poucas opcións ó longo do presente curso, algún deles de xeito sorprendente. Borja Iglesias foi o canteirán máis empregado por Berizzo durante os partidos da xira por Alemaña en Austria, en total 158 minutos, que aproveitou para marcar dous goles e dar unha asistencia.
Seguramente falamos do xogador que mellor aproveitou o Stage, pero tamén destacaron outros dous xogadores: Señé e Luis Rioja. Señé tamén marcou, e Rioja deu dúas asistencias de gol, unha a Borja Iglesias e outra a Iago Aspas. Por detrás deles Jordan, Alende e Borja Fernández, con 90 minutos, mentras que Yelko xogou os 45 do primeiro encontro. Pape, que foi o último en chegar, debutou fronte ó Ingolstadt.
A situación para Jordan, Alende e Borja Fernández é complicada. Jordan xogou 5 minutos contra o Galatasaray, ningún contra o Ingolstadt, mentras que Alende e Borja xa non xogaron neses partidos, que foron os máis esixentes, e onde Berizzo puxo en liza un equipo máis competitivo. Sorprende especialmente o caso de Borja Fernández, que podería dispor este ano de menos minutos que no pasado curso. Estes xogadores poderían ser os primeiros descartes de Berizzo.
1 Borja Iglesias 158
2 Señé 122
3 Luis Rioja 109
4 Jordan 95
5 Alende 90
5 Borja Fernández 90
7 Yelko 45
8 Pape 10
9 Néstor 0
9 Iván Villar 0
0 comments:
Publicar un comentario