Álvaro Casas, sexta baixa do filial


LORES

Álvaro Casas rescindiu onte o séu contrato co Celta, converténdose así na sexta baixa dun filial en pleno proceso de renovación. O mediocentro compostelán, que formou parte desa marabillosa quinta que acadou a final da Copa de Campeones en 2013, pon fin á súa vinculación co clube tras seis anos na discipliña celeste. Despois do seu paso polos xuvenís, disputou unha temporada no Alondras e, esta última, xa como integrante do Celta B.

A súa baixa únese ás de Óscar Santiago, Javi Rey, Pucheta, Thaylor y Omar Santana. Non será a derradeira. O overbooking actual no filial obriga a multitude de saídas. Mentras, o clube segue presentando novas fichaxes. A última, o lateral esquerdo uruguaio Lucas Olaza. Semlla que, un ano máis, o obxectivo será pelexar polo ascenso a Segunda. 

0 comentarios:

Publicar un comentario