Acordo total para o traspaso de Larrivey por 2 millóns de euros


Foto: Carlos Barba
Os días de Joaquín Larrivey coma xogador do Celta tocan ó seu fin. O dianteiro arxentino viaxou onte a Vigo, a onde chegou arredor das nove e media da noite, e hoxe fará o mesmo rumbo aos Emiratos Árabes para asinar contrato co seu novo equipo. O acordo é total entre as partes, tal e como recoñeceu Daniel dos Reis, respresentante do xogador, aínda que evitou nomear ó equipo que se fará cargo da ficha do xogador. 

O traspaso rondará os 2 millóns de euros, que era a cantidad que ía pagar o Norwich, e o mínimio que esixía o Celta pola súa saída. O traspaso, segundo varias informacións, farase oficial entre hoxe e mañá, poñendo así punto e final a unha traxectoria no Celta bastante curta, con 12 goles en 36 partidos oficiais disputados polo ariete arxentino, que chegou o pasado verán a custe cero e deixará, un ano despois, 2 millóns de euros nas arcas celestes. 

Agora mellorará económicamente de forma notable ó asinar con este equipo de Dubai. Inicialmente era o Al Wasl o equipo interesado na súa contratación, pero Daniel dos Reis afirmou que era outro equipo. É cuestión de tempo. 

0 comments:

Publicar un comentario