Vía libre para a compra da sede do Mercantil


Foto: Atlántico Diario
Vía libre para a compra da sede do Mercantil por parte do Celta despois de que os dous socios que presentaron recurso retirasen a impugnación da venda do edificio do Mercantil ao Celta, que tomará posesión do inmoble a partires do 25 de xullo. Esta decisión supón que o clube poderá ocupar o edificio tal e como acordaron as partes despois de pagar cinco millóns de euros, que salvarán á histórica entidade viguesa, que estaba moi preto de un proceso concursal que suporía a súa liquidación. 

Compre dicir que o Celta é dono do inmoble dende o día 1 de xullo, pero permitirá ó Club Mercantil ocupalo ata o 24 para darlle tempo coa mudanza. Iso sí, se a partires desa data non o deixa, terá unha multa de 1.000 euros diarios por parte do Celta, aínda que parece que non será preciso chegar a iso xa que os traballos para deixar a sede van segundo os prazos previstos. 

Despois de xullo, o Celta dará comezo ás obras de remodelación, que estarán rematadas aproximadamente no mes de setembro. Entón, o Celta estará moi presente no corazón da cidade. 

0 comentarios:

Publicar un comentario