Samper, obxectivo do Celta, segundo Galicia en Goles


Ser del Barcelona, canterano, y con pocas opciones de jugar en el primer equipo por cuestiones de competencia, es una garantía para sonar en el mercado de fichajes como refuerzo del Celta. Han sido muchos ya los jugadores a los que se ha vinculado y no dejan de sumarse 

Ser do Barcelona, canteirán, e con poucas opcións de xogar no primeiro equipo pola competencia, é unha garantía para soar no mercado de fichaxes como reforzo do Celta. Foron moitos os xogadores vinculados e non deixan de sumarse. O último nome que coñecemos é o de Sergi Samper, xoven centrocmapista barcelonés, cumpriu 20 anos no mes de xaneiro, que podería chegar cedido ao Celta, segundo informo a Radio Galega a través do programa Galicia en Goles. 

Neste caso sería Hugo Bayón, o novo director da canteira viguesa, o que mediaría para traer ao xogador en calidade de cedido. Samper ven de xogar 74 partidos co Barcelona B na Segunda División durante as dúas últimas tempadas. Samper é un xogador dunha enorme calidade técnica, cun gran futuro por diante e sería, sen dúbida, un reforzo interesante para a medular celeste, especialmente se chegase a Vigo en propiedade. Foi comparado con Guardiola ou Pirlo, o que da unha idea das súas excelentes condicións como futbolista. 

0 comentarios:

Publicar un comentario