O Club León de México preguntou por Gustavo Cabral


Foto: Lavandeira Jr.
As declaracións de Carlos Kisluk, adestrador de porteiros do Celta, feitas a unha emisora de radio chilena, deixaron cousas interesantes, como o interese dun clube mexicano na contratación de Gustavo Cabral. Concretamente falamos do Club León, interesado na contratación do defensa céltico, segundo as declaracións de Kisluk. 

Ó mesmo tempo descartou un traspaso pola situación económica, e dixo non saber nada do suposto interese do Celta na figura de Julio Barroso, central de Colo Colo: “Hai tres ou catro centrais. A Cabral pediuno o León de México. Sempre vai estar en xogo do que se vende, este equipo non trae en base ó que se vende, non gasta nada, está saneado e con superávit”, sinalou. 

Cabral fixo a mellor tempada dende que xoga no Celta. Titular indiscutíbel dende o comezo do ano, o central arxentino acadou unha confianza coa que non contaba nas súas dúas primeiras tempadas en Balaídos, ademáis de ser un home importante no vestiario, ó ser elixido o segundo capitán do equipo polos seus compañeiros. Parece difícil que saia de Vigo este verán. 

0 comentarios:

Publicar un comentario