O Celta plantexa a renovación de Sergio Álvarez


Foto: Lalo R. Villar
O Celta estase plantexando seriamente renova-lo contrato de Sergio Álvarez, que polo momento ten asinado un contrato ata o 30 de xuño de 2016. En Praza de España valoran o rendemento de Sergio, que sempre foi renovando ano a ano dende que saltou ó primeiro equipo. La Voz de Galicia informa no día de hoxe, que podería aumenta-la súa relación co clube vigués, que o ano pasado renovou o contrato de Sergio, que remataba este 30 de xuño, un ano máis. 

Dende Praza de España sempre estiveron tranquilos con respecto a Sergio. Saben que poden contar con él para o que sexa, xa que ata o momento sempre aceptou o que se lle ofreceu. Sergio non tivo unha traxectoria fácil ata chegar ó primeiro equipo. Xogou por enriba de 150 partidos no filial, pero tivo que demostrar moito para ser titular no primeiro equipo, algo que acadou por vez primeira esta tempada, coa saída de Yoel e a chegada ó banco céltico de Berizzo. 

No seu primeiro ano como titular, Sergio amosou tódalas condicións que o convirten en un porteiro de Primeira División, tendo o recoñecemento de diversos estamentos ou conxunto de periodistas ó remate da mesma. A UEFA escolleuno no once das revelacións da Liga, e sobre todo gañouse o cariño da afección céltica, que sempre tivo debilidade por él, con actuacións colosais que sempre se lembrarán en Vigo. 

Sergio teno todo para desenrolar unha longa carreira no Celta. Non pedirá moito no apartado económico, e será fiel ó equipo. Algo que non abunda hoxe en día. 

0 comentarios:

Publicar un comentario