O Barcelona pesca na Madroa


O Barcelona quere pescar na Madroa, concretamente pretende a fichaxe de Amwar Mediero, que este ano xogou no Infantil A, segundo afirman en Fúbol Base Catalá, informacións das que se fan eco e amplían os nosos compañeiros de Canteira Celeste. Nado o 3 de marzo de 2002 en Etiopía, Anwar Mediero é fillo adoptivo dunha traballadora da Casa da Xuventude que viaxou en persoa para traelo a Vigo. 

Ingresou no Celta en categoría benxamín, pero sobre todo despuntou na Arousa F7 de 2013, dándose a coñecer ó mundo. Esta tempada, xogando case todo o ano con nenos un ano maiores que él, volveu asinar outra gran tempada chamando a atención de varios clubes, entre eles o Barcelona, que está disposto a levarse ó xogador á Masía. A intención do Barcelona é que forme parte do infantil, que podería alternar co Cadete B. 

Trátase dunha das meirandes xoias da canteira céltica e viguesa, que podería emigrar noutra operación que deixa impotente a calquer equipo. Pouco ou nada se pode facer cando convencer ó xogador para probar sorte noutra escola. En Vigo tería a oportunidade de medrar e chegar ó primeiro equipo, pero poucos son os que se resisten ós cantos de serea que chegan de clubes tan importantes. 

0 comments:

Publicar un comentario