Madinda pode saír ó estranxeiro


Foto: Óscar Vázquez
Ó igual que no caso de David Costas, o Celta pretende buscar unha cesión para que Levy Madinda siga progresando como futbolista con minutos de calidade. O gabonés, que é internacional absoluto coa selección de Gabón, apenas dispuxo o ano pasado de minutos, e o clube quere arranxar esta situación, pero valorando a posibilidade de que o clube que reciba ó xogador sexa estranxeiro: “Quizáis a estratexia pode ser diferente porque Madinda pode ter un mercado estranxeiro ó ser un habitual na súa selección”, apuntou. 

O salmantino destacou que o Celta debe estudar en profundidade as opcións que teña, tanto con este xogador coma con David Costas: “Hai que ver se as opcións cumplen as expectivas. Non se vai ir ó primeiro sitio que apareza. Ten que ter garantida a súa proxección” sinalou sobre o posible destino do canteirán, que viviu unha situación moi parecida a de David Costas. 

Madinda, que o ano pasado contou bastante para Luis Enrique, fixo unha boa pretempada, pero durante o curso apenas tivo oportunidades por parte de Berizzo. Certo que a competencia no centro do campo era moi importante, algo que segue a soceder este ano, especialmente cando o clube segue a reforzarse nesa demarcación. 

0 comentarios:

Publicar un comentario