 |
Foto: Celta |
A campaña de abonados do Real Club Celta para a tempada 2015/2016, que segue a bo ritmo nas novas taquillas do estadio de Balaídos, comezou a formar parte da paisaxe urbana da cidade. Os carteis co lema ‘
Crecemos Xuntos’ son visibles xa en numerosos puntos de Vigo. Ademais dos
mupis do Concello, a campaña celeste ocupa parte da fachada de El Corte Inglés en Gran Vía e nos próximos días continuará ampliando a súa presenza en distintos soportes e lugares emblemáticos da cidade.
Neste senso, haberá máis sorpresas en próximas datas, con orixinais ubicacións e soportes que sen dúbida non deixarán indiferentes aos vigueses.
A campaña de abonados inclúe descontos e vantaxes ata o día 30 de xuño, polo que o club anima a abonados e afeccionados a que tramiten o seu carnet canto antes para aproveitar estas promocións e evitar acumulacións no tramo final do mes.
Nota de prensa
0 comments:
Publicar un comentario