Iago Aspas: "Sempre dixen que ía deixar as portas abertas ó Celta"


Unha das opcións que se barallaron nas últimas datas para o ataque céltico foi o regreso de Iago Aspas a Vigo. Era unha opción utópica, un sono e un desexo para a afección e para o Presidente Mouriño, pero nada doada. Ante as cámaras da TVG o propio xogador recoñeceu a difcultade da operación: “Non é unha posibilidade sinxela, a verdade, pero eu sempre dixen que as portas  as ía deixar sempre abertas porque estou na miña casa e coa miña familia, pero nunca se sabe”. explica Aspas, que non oculta o seu desexo de retornar algún día a Balaídos. 

Do mesmo xeito, o ex xogador do Celta, sinalou que non coñecía ningún movemento do clube vigués para contratalo de cara ao vindeiro curso: “Ninguén se puxo en contacto comigo nin co meu representante nin con nada, agora mesmo non hai absolutamente nada”, sinalou. Como afeccionado do Celta, Aspas destacou que o Celta debe ser ambicioso: “O Celta non se ten que desprender de ningún xogador se quere xogar competicións europeas”, e lamentou a mala xeira que impediu ó equipo xogar en Europa: “Foi unha temporada de notable alto e foi unha mágoa esos partidos nos que non se puido sacar nada positivo. Foi o que lle faltou para chagar a Europa”. 

Unha Europa que estaría máis preto co concurso do moañés no Celta, que sabe da dificultade da operación. O Sevilla ten que pagar este verán seis millóns de euros pola súa fichaxe, e iso é motivo suficiente para dificultar calquer achegamento. Unha cesión parece a única alternativa posible, pero Mouriño prefire, con bo criterio, ter só xogadores en propiedade. 

0 comentarios:

Publicar un comentario