Entre aqueles que se abonen antes do día 7 de xuño sortearase unha camiseta do Celta


Foto: Jorge Landín
O Real Club Celta organiza un sorteo entre os seus abonados cun valioso premio: unha camiseta utilizada por un xogador celeste no derbi disputado a pasada tempada en Riazor. A mecánica é moi sinxela: Os abonados deberán subir no seu Twitter un selfie co seu carnet desde as novas taquillas de Balaídos e utilizar o hashtag #CrecemosXuntos. O concurso durará entre o 3 e o 6 de xuño e o día sete de ese mes o club dará a coñecer nas súas redes sociais o nome do gañador.

As bases do concurso podense ler aquí: http://www.celtavigo.net/gl/club/novas/9262-el-celta-sortea-en-twitter-entre-sus-abonados-una-camiseta-del-derbi-de-riazor-2.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario