David Costas, con ofertas de España e do estranxeiro


Foto: Ricardo Grobas
David Costas ten máis ou menos claro que o seu futuro a vindeira tempada estará lonxe de Balaídos. O zagueiro de Chapela apenas contou este ano para Berizzo e quere valorar tódalas opcións que ten para o vindeiro ano. O canteirán pretende sentarse co Celta para coñece-las intencións do clube de Praza de España repecto a él, e a partir de aí tomar unha decisión sobre o seu futuro inmediato. 

Segundo informa o diario Atlántico, Costas baralla varias ofertas, tanto de España como do estranxeiro. De feito, ten incluso ata algunha poposta de traspaso, aínda que o máis lóxico é que, no caso de saír, sexa como cedido. Non se especifica nesas informacións se os clubes interesados nel son de Primeira ou de Segunda, pero en calquera das dúas categorías sería interesante unha cesión do xogador. 

Xa no pasado mes de xaneiro puido saír cedido, neste caso ó Sabadell, ainda que esa opción foi finalmente rexeitada polo Celta debido á lesión de Hugo Mallo, que deixaba un pouco coxa a defensa. Entón decidiuse que Costas seguise no Celta, ainda que seguiu a contar moi pouco para Berizzo. Costas só xogou un partido de Liga, fronte ó Sevilla nun encontro ó que os celestes chegaron con numerosos xogadores sancionados. A pesar da inactividade, Costas cumpriu e amosou a súa calidade. Agora quere facelo durante todo o ano, no Celta ou noutro equipo. 

0 comentarios:

Publicar un comentario