Araújo custa máis de 10 millóns de euros


Foto: gradacurva.com
Un dos xogadores dos que máis se fala entre a afección celeste como posible fichaxe para o ano que ven é o de Sergio Araujo. Ata o de agora non saíu mencionado en ningún rumor, que nós saibamos, nin tampouco en ningunha información máis ou menos contrastado. Non hai constancia do interese por parte do Celta nos seus servizos, pero a cada tanto alguén nomea a este xogador canso surxe algún posible nome para o ataque céltico. 

Araújo marcou 25 tantos esta tempada coa Unión Deportiva Las Palmas, e ademáis fixo o derradeiro gol ante o Zaragoza, aquel que aseguraba o ascenso a Primeira División. É evidente que se trata dun xogador máis que interesante, de notable calidade técnica, e con gran capacidade para o gol. Pero iso non so o vemos os aficionados celestes, veno en moitos sitios, o primeiro deles Gran Canaria. 

O Presidente do conxunto amarelo, Miguel Ángel Ramírez, afirmou en declaracións a emisora UD Radio, que ten unha oferta de 10 millóns polo dianteiro arxentino, e que a pesares diso non está pola laboura de vendelo. Os canarios executarán a opción de compra que teñen firmada con Boca Juniors, para que Araujo siga no Las Palmas, e a súa fichaxe por parte do Celta, e da meirande parte dos equipos de Primeira, é un imposible. 

0 comentarios:

Publicar un comentario