A Bola lembra o interese do Celta en André Almeida


O diario portugués A Bola recupera un vello rumor que relacionaba ó Celta con André Almeida, defensa de 24 anos que pertence ao Benfica na actualidade. Dende Portugal destacan que o Celta quere repeti-la fórmula usada no seu momento con Nolito, visto o éxito do andaluz no Celta. De tódolos xeitos, o Celta non é o único equipo español interesado en Almeida, segundo a prensa lusa, aínda que non sinala nomes concretos. 

Almeida é un xogador polivalente, que pode xogar de lateral zurdo ou pola dereita e tamén foi utilizado como pivote defensivo. Participou no pasado mundial de Brasil, onde xogou dous partidos suplindo ó lesionado Coentrao. Esta tempada perdeu o sitio na selección debido a falla de regularidade no once do Benfica, motivo polo cal o xogador estaría aberto a unha posible salida a outro equipo este verán. Transfermarkt valora ao xogador en 6 millóns de euros, cantidade que o Celta non pagará por él. 

0 comentarios:

Publicar un comentario