12 millóns, máis 2 por obxectivos, a oferta do Atlético por Nolito


Foto: José Lores
A historia do traspaso de Nolito ao Atlético de Madrid garda certo paralelismo co interese do Celta en Mancuello. A oferta vai subindo día a día, pero aínda está lonxe da cláusula de rescisión que figura no contrato do andaluz. A derradeira información chega dende Puntopelota.es, que asegura que o Atlético de Madrid ofrece 12 millóns máis 2 en obxectivos polo xogador celeste. 

Ademáis, aseguran que o futbolista está tolo por xogar no Calderón, e que xa ten un acordo pechado co Atlético. Non só iso, senón que afirman que o Celta venderá ao xogador por 14 millóns de euros, cifra que xa mencioanaba o diario AS a pasada semana. Unha de dúas, ou están moi mal informados ou Mouriño estará incumprindo a palabra dada cando afirmou que ningún xogador deixaría o Celta por unha cantidad inferior a que marca a súa cláusula de rescisión. 

Confiamos na palabra do Presidente do Celta, e menos nas informacións de Punto Pelota, así que podemos intuir que, aínda que Nolito teña un acordo co Atlético, a fichaxe está máis lonxe do que aventuran dende Madrid. O xogador segue custanto 18 millóns de euros. 

0 comentarios:

Publicar un comentario