![]() |
Foto: Marta G. Brea |
Sergio Álvarez asegurou onte en rolda de prensa que no pensa nos puntos que precisa o seu equipo para acada-la séptima plaza, que agora mesmo ten a dous puntos despois de derrotar ao Málaga en Balaídos: “Non paga a pena facer contas porque nunca sabes onde vas ganar ou deixarte puntos. Ninguén o ten doado. Nos creo que imos ter as nosas opcións e pelexaremos ata o final. Estamos centrados xa no partido do Almería”, suliñou diante dos medios de comunicación na sala de prensa da Madroa.
O gardamallas céltico tampouco quixo entrar a valorar ou comparar o calendario dos equipos que pelexan por esa séptima praza: “O noso calendario é o que é. Sabemos que temos partidos difíciles, pero tamén que estamos nun bo momento e podemos gañarlle a calquera”, asegurou o de Catoira.
Xogar en Europa sería “un soño cumprido”: “Medrei neste club vendo o Celta lle plantaba cara aos mellores clubes de Europa e volver a xogar competición europea sería muy fermoso”. Para elo, antes de nada, hai que gañar en Almería, e non será doado: “Eles, que aínda non saben se lle quitan ou non eses tres puntos, xoganse moito tamén para acadar a permanencia. Vai ser un partido moi complicado. O Almería está en boa dinámica a pesares da derrota no Santiago Bernabéu”, finalizou.
0 comments:
Publicar un comentario