O Torino, rival do Celta por Federico Mancuello


A Federico Mancuello non lle faltan noivas. O Celta está vivamente interasado na súa contratación, tanto que sobiu a oferta inicial ata achegarse ós 4 millóns de dólares, atopándose coa negativa de Independiente, que quere cobrar os cinco millóns que reflicte a súa cláusula de rescisión, unha cantidade á que o Celta dubida poder chegar. 

O clube arxentino xoga coa baza do interese doutros clubes, entre eles o Torino italiano, que tamén pousou a súa mirada neste interesante xogador. Os 10 goles e 5 asistencias acadados por Mancuello no campionato arxentino resultan moi atractivos en Italia, onde tamén destacan que o xogador ten pasaporte italiano e non ocuparía praza de estranxeiro, como tamén lle acontecería na Liga. 

Para o conxunto de Turín, Mancuello non é a única opción ofensiva, xa que baralla outras alternativas e tampuco está claro que poidan chegar á cifra que solicite Independiente polo seu traspaso. Os siareiros do clube arxentino, en diversos foros consultados, dan por perdido ó xogador, e contan con que sexa traspasado a un clube europeo. Pero, cal será ese clube? 

0 comentarios:

Publicar un comentario