![]() |
Foto: Óscar Vázquez |
Un dos xogadores que más medrou no mercado esta tempada foi Joaquín Larrivey. O dianteiro arxentino chegou a Vigo procedente do Rayo Vallecano totalmente gratis. Os vigueses aproveitaron que o xogador estaba libre para reforzar a dianteira cun goleador fiable na Liga despois de marcar 12 goles co conxunto vallecano o pasado ano. O rendemente en Vigo foi o axeitado, rematando a Liga con un total de 11 goles en Liga, máis un na Copa do Rei.
Non resulta extrano que agora cheguen ofertas á Praza de España polo xogador. Clubes de Brasil, Arxentina, Estados Unidos, Turquía, e tamén de Francia, que son os últimos rumores que chegan sobre clubes interesados no arxentino, segundo informa Fichajes.com, aínda que non se nomea a ningún equipo en concreto. Iso sí, o Celta ten atado ao xogador para as vindeiras dúas tempadas, e non está disposto a desprenderse del sen obter nada a cambio.
0 comments:
Publicar un comentario