Sergio quere remata-la súa carreira no Celta


Foto: Juan Herrero
A diferencia doutros xogadores, as renovacións de Sergio nunca pasan de un ou dous anos. Así foi ata o de agora, e así se mantén o de Catoira, con contrato ata o 30 de xuño de 2016 logo da renovación asinada fai pouco menos dun ano. O meta céltico, que está demostrando este ano ser un porteiro de garantías para a Primeira División asegurou nunha entrevista publica por La Voz de Galicia no día de onte, estar tranquilo con respecto a este asunto. 

O gardamallas adiantou que aínda non comezaron as negociacións, pero mostrouse tranquilo: “Non se falou nada, pero estou moi tranquilo. Coñezo ao club, o club coñéceme a mín, sabemos como nos movemos e non haberá ningún problema. Cando queiran faltar eu estarei aberto, teño un ano máis de contrato”, suliñou o de Catoira. 

Despois de moitos anos de traballo e sufrimento, Sergio recolle agora os froitos: “Cando queiran falar comigo eu estarei disposto, a miña primeira opción sempre será estar aquí, onde levo moitos anos. Agora estou desfrutando de xogar co Celta en Primeira División, que é o que sempre quixen”. 

Con respecto á posibilidade de remata-la súa carreira no Celta, Sergio teno claro: “Un sempre desexa rematar onde sempre quixo estar, e ogallá se poida cumpir o desexo de rematar aquí”, explicou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario