Sergio: "No vestiario ninguén fala da séptima praza"


Foto: Lalo R. Villar
Sergio Álvarez apuntou no día de onte que o equipo quere desquitarse contra o Eibar polo partido da primeira volta: “Temos unha espiña cravada porque o noso fútbol foi mo bo nese encontro. O equipo estivo moi ben, tivo ocasións para marcar e eles fixeron o seu gol nunha das poucas que tiveron”, apuntou o gardamallas céltico. 

Na liña do vestiario céltico, Sergio non agocha que a permanencia está cada vez máis preto: “Matemáticamente aínda non, pero virtualmente sí que estamos salvados. Agora o que temos que facer é ir partido a partido para loitar por quedar o máis arriba posible. Este equipo ten ambición para iso e vese en cada adestramento. O noso obxectivo é ir partido a partido, ninguén no vestiario fala da séptima praza”

Falando do partido de mañá, Sergio lembrou a importancia de estar fortes a nivel defensivo: “Nós temos que  tentar ser nós mesmos, e iso pasa por telo balón, domina-lo partido e ir ao ataque. Será difícil porque eles defenden ben, por iso vai ser chave  estar concentrados para non darlles ningún agasallo. Nestes partidos é moi iportante que non nos fagan gol porque nós algunha sempre temos”, suliñou para rematar. 

0 comentarios:

Publicar un comentario