Nova quedada para recibir ao equipo o sábado ás oito


Nos malos momentos é cando máis se precisa o apoio e a unidade dos afeccionados en torno ao equipo. O celtismo está disposto a demostrar unha vez máis a madurez alcanzada nos derradeiros anos, donde ao equipo nunca lle faltou o alento dos seus. De cara a este sábado está programada unha nova quedada para recibiar ao equipo antes do partido fronte ao Córdoba. Un encontro que pode supoñer o despegue do Celta. 

A Federación de Peñas solicitou os permisos oportunos para facer unha quedada multitudinaria con fin de  amosarlle ao equipo que a afección segue confiando neles a pesar dos malos resultados colleitados nas derradeiras semanas. Unha nova mostra da gratitude dos siareiros, que recibiron ao equipo antes do partido co Valencia, e que o pasado sábado ateigaron A Madroa no adestramento do Celta antes de partir cara a Xetafe. Así que lembra, o sábado non falles, ás oito na Rúa Manuel de Castro. 


0 comentarios:

Publicar un comentario