Normas de conducta en Balaídos


Foto: Ricardo Grobas
Tralos incidentes sucedidos no Manzanares no que se enfrontaron dous grupos baixo a falsa bandeira do fútbol co resultado dun morto, parece que a sociedade acaba de descubrir que ós campos e arredores vai xente do peor. Por iso, e para protexer a xente boa, veñen de aprobar unha serie de medidas (xa existen dende hai tempo, pero agora queren facelas cumprir) para erradicar a eses “indeseables”.

Lonxe de facer humor barato, é o meu desexo proporcionar o lector unha guía seria de comportamento, para que por unha parte, o seu peto non se vexa afectado por sanción algunha, e por outra, que ningunha grada de Balaidos teña que ser cuberta cunha lona que lembre tempos peores.

Como dixera o gran José Manuel Parada “a cine de barrio se follao y desfogao”, isto tradúcese no caso que nos ocupa en algo así como “a Balaidos se viene bebido”,isto ten que ser así porque non está permitido o consumo de bebidas alcohólicas dentro do campo nin, por suposto, introducir as mesmas na grada. Noso sagaz lector pensará que iso xa estaba prohibido, xa, xa, pero agora ademáis queren facelo cumprir.

Pero o que máis vai afectar as gradas é o tema dos cánticos. Os “Celtalonistas” ven esaxerado non poder facer alusión a que a nai dun portugués adícase o oficio máis antigo do mundo e os “Celtidrístas” ven inxusto non poder comentar que Messi é menos listo do normal. Non vou entrar niso, o meu labor é facerlle a vida máis sinxela os celtistas de verdade, eses que só xogan a unha carta. Velaí as miñas suxerencias:
-    “o lelé o lalá Real Club Celta é o mellor que hai”:  habería que eliminar o término “Real” para evitar molestar o sector republicano e o término mellor, para evitar despreciar o resto de equipos. Eu propoño “o lelé o lalá Club Celta é un dos bos que hai”
-    “imos Celta, forza Celta”: se o que se trata é de evitar violencia, e a violencia exércese pola forza, este cántico é unha clara incitación a mesma. Dada o crudeza do mesmo non se me ocurre alternativa distinta a súa eliminación do repertorio coral da grada.
-    “hasta los huevos, estamos hasta los huevos”: enténdese ben o reprobable da expresión. A miña proposta “vainos chegando, o asunto vainos chegando”
-    “puta Riazor, puta Coruña”: un clásico entre a chavalada. Bastaría engadir “presunta” diante das putas. Permitídeme aquí recoñecer a superioridade intelectual dos veciños do norte que co seu “Vigo no” non precisan facer cambio algún.

Espero que a miña humilde aportación sexa útil para as boas xentes que acuden ó noso estadio e como non, como sempre o de sempre hala Celta se non vos molestaaaaa!!!!! (outra adaptación a norma a aplicar).

Making Friends (since 1973)

0 comentarios:

Publicar un comentario