Una de las peñas más populosas del Pontevedra C.F. ha decidido no acudir esta noche al Pontevedra-Celta, correspondiente al Trofeo Luis Otero, como protesta ante los precios impuestos por la directiva del club. Los miembros de Furya Granate exponen que la obligación de pagar suplemento a los socios del equipo granate por este partido motiva esta decisión. Además animan al resto de la masa social del Pontevedra a tampoco acudir a este partido.
Este es el comunicado completo remitido por Furya Granate:
Mediante este pequeno texto, queremos comunicar a decisión do grupo de non asistir a vindeira edición do Trofeo Luis Otero que desputarán este mércores o Pontevedra CF e o RC Celta de Vigo en Pasarón. Unha decisión da que non gostamos, mais que nos obriga a tomar o propio clube.
A política de enriquecimento a costa dos socios é lamentábel e inmoral, alén de que supón unha nova falta de respecto a todos os siareiros granates. O pagamento da cota anual (con, ademais, restriccións ao pagamento fraccionado, impostas este ano) xa supón un enorme esforzo para as familias traballadoras e humildes, que somos as que maioritariamente acudimos a Pasarón, coma para que ainda por riba se nos faga pasar pola billeteira no noso propio torneo. Isto supón que os socios que levamos vendo vagar ao noso clube catro anos pola terceira división, non poderemos asistir ante a visita dun clube de primeira división simplemente polo noso nivel económico, nun torneo no que historicamente os socios sempre entraron de balde.
Dase o caso ademais, de que o prezo dos billetes apenas varía con respecto a un partido calquera de liga, o que é ao noso entender un claro intento de atraer siareiros visitantes de fora da cidade alleos ao clube, o cal é paradóxico, xa que á vez están botando indirectamente aos que levamos toda a vida asistindo domingo tras domingo ao noso estadio.
Desde a Furya Granate temos claro que non participaremos desta farsa clasista e anti-granate na que convertestes o torneo que honra unha histórica figura do Pontevedra CF coma é Luis Otero, e animamos ao resto da afección, a cada un dos socios e socias granates, a non acudir este mércores a Pasarón, e a rexeitar e protestar fronte a esta medida caciquil da directiva.
NON AO FÚTBOL NEGOCIO!
Seguir @DavidPenela
0 comments:
Publicar un comentario