Celtarras solidarízase co povo de Donbass


A Agrupación Celtarras volve a mostrar a súa faciana máis solidaria cunha iniciativa, xa posta en marcha, e que terá o seu punto culminante o sábado antes do partido ante o Eibar. Dende horas antes do comenzo do partido, e xa durante a semana en varios lugares, poñen en marcha unha campaña de recollida de roupa de abrigo e medicamentos para axudar o povo Ucraíno de Donbass. 

A continuación, a carta que nos enviou Celtarras para presenta-la campaña. 

O pasado Maio, o ilexítimo presidente de Ucrania puña en marcha unha ofensiva bélica a grande escala baixo o pretexto do “antiterrorismo” contra a poboación do sureste do seu propio país, co obxectivo de exterminar a poboación traballadora e rusófona da cuenca do Donbass.
Meses despois, tras milleiros de civís asasinados, torturados, feridos, desprazados e refuxiados  a mans da artilleria fascista de Kiev, avecínase un duro inverno no país eslavo. Grandes cidades  como Lugansk  ou Donetsk, sitiadas e acosadas polas operacións militares de castigo dos batallóns  neonazis contra a poboación civil, atópanse totalmente desabastecidas; sen luz, auga, medicamentos,  comida e outras necesidades básicas, nunha situación de emerxencia e catástrofe humanitaria sen  precendentes en Europa dende a segunda guerra mundial.
Ante esa realidade, e co obxectivo de cubrir as necesidades básicas da poboación desa zona, e  amosar deste modo a nosa solidariedade política con eles, dende a hinchada do Celta estamos a levar  a cabo unha campaña de recollida de roupa de abrigo e medicamentos (antigripais e contra a dor) para  dar o máximo apoio humanitario e político posible ao povo do Donbass. Na previa do encontro Celta-Eibar deste vindeiro sábado recolleremos as vosas aportacións no posto  de material de Celtarras ao carón do bar Noso Luar (r/ Manuel de Castro), dende dúas horas antes do  comezo do encontro.
Ata a fin de semana seguinte tamén poderedes deixar as vosas achegas nos centros sociais A Revolta  (rúa Real) e Bou Eva (rúa Terzo de fóra) e nos bares Noso Luar (rúa Manuel de Castro) e Cousa Nosa  (rúa Irmandiños).
A axuda recollida será destinada á organización humanitaria “Europe with Donbass”. Solidariedade antifascista co povo do Donbass.
POR GALIZA POR DONBASS !!!
‪#‎SaveDonbassPeople‬

0 comentarios:

Publicar un comentario