Constantine Vs Celta (00:00) Sin Tv


O Celta celebra esta noite en Alxeria (00:00 hora española) o primeiro dos encontros amigables que ten fixados para este verán. O equipo de Berizzo, logo de tres semanas de intenso traballo físico na Madroa e en Marbella, viaxa a Alxeria para enfrontarse ao Constainois, un modesto equipo que servirá para que os celestes tomen contacto e gañen ritmo de competición. 

Neste partido poderemos ve-lo primeiro esbozo do Celta que Berizzo ten na testa, aproveitando o traballo táctico destes días en Andalucía. Os xogadores terán que ir, pouco a pouco, dando forma a teoría do técnico arxentino, que contará con varias baixas importantes neste primeiro amigable. Non estarán Jota nin Pablo Hernández, os dous teóricos media puntas do equipo. Asemade, tampouco estarán Oubiña e Álex López, aqueixados de diversas dolencias, ademáis de Augusto Fernández, que aínda non volveu a Vigo logo de xoga-lo Mundial do Brasil. 

A dúbida será o concurso de Hugo Mallo e Samu. Os dous xogadores xa recibiron a alta médica, segundo o parte médico do clube, pero non está claro que xoguen esta noite ao estar moi recente a súa recuperación. Tamén é dúbida Fabián Orellana, que levan tan só tres días adestrando cos seus compañeiros, polo que Berizzo podería plantexarse a posibilidade de deixalo no banco. 

En todo caso, primeira toma de contacto co balón, moi agradecida polos xogadores logo de tes semanas de intenso traballo físico, ese que non gusta tanto aos futbolistas, a pesares de ser tan importante coma os amigables. O vindeiro martes, segundo encontro do Celta, que participará no centenario do Rápido de Bouzas, xa en Vigo. 

0 comentarios:

Publicar un comentario