![]() |
Celebrando a permanencia sobre o céspede de Balaídos |
Hai moito celtista na península da Barbanza. José Galiñanes
Alcalde, alias “Ratko”, é un bo exemplo. O alcume, coma non, ten a súa orixe no
mítico xogador celeste. A cousa comezou como unha broma, pero dúas décadas
despois todo o mundo o coñece así. De 30 anos de idade, naceu na parroquia de
Palmeira, no termo municipal de Ribeira, pobo mariñeiro da zona norte da Ría de
Arousa. Abonado dende o ano 1992, posúe o carnet de socio número 1989. É socio
e directivo da peña da zona, X.M. Alvelo, e tamén membro de Merlegos Celestes.
ACTUALIDADE
Resultado xusto o do sábado?
Creo que non. O resultado mais
xusto sería calquera no que o Celta
puntuase, pero o futbol é o que ten, que non sempre gaña quen o merece.
Que lle faltou ao
Celta para levarse algo positivo do Martínez Valero?
Principalmente, o que faltou foi acerto nos últimos metros,
gol. Como dixo Luis Enrique, eses xogadores que teñen un alto acerto de cara o
gol costan moito “money money”.
Que che pareceu o
plantexamento inicial de Luis Enrique con Santi Mina e Orellana nas bandas e
Rafinha como falso nove?
Pois a verdade é que me sorprendeu, pero bueno, Luis
Enrique, en cada alineación, sempre sorprende con alguna novidade no 11 ou
posición menos habitual dalgún xogador.
Orellana e Santi Mina
levan a maioria dos partidos xogando en banda, e Rafinha, ainda que era a
primeira vez que xogaba nesa posición en liga dende que está no Celta, xa
xogara mais veces no Barça B, e incluso creo que nalgúns minutos no Memorial
Quinocho contra o Southampton
Sorprendeuche a
suplencia de Oubiña?
Sinceramente, non. A min, Oubiña paréceme un xogadorazo, e
moitas veces a xente non sabe apreciar o
traballo que fai, que é un traballo sucio,
pero últimamente non está fino, cousa que el mesmo recoñeceu. Igual cun
pouco de descanso pódese recuperar a súa mellor versión, cousa que sería moi
moi positiva.
Por fin debutou Welliton, ainda que sen gozar de excesivo
protagonismo. Que opinas da fichaxe do brasileiro?
Na miña vida o vira xogar, nin oir falar del. Está claro que
presenta uns números moi bos en anteriores tempadas, sobre todo no Spartak.
Leva tempo sen competir, e supoño que lle fará falta tempo para poñerse a tono.
En canto a sía fichaxe, mentras veña a sumar, benvido sexa. Malo será que se
trate doutro Pranjic.
Ante os ilicitanos,
Fontás cumpliu o número de partidos estipulados no seu contrato polo que pasa a
ser propiedade do Celta. Como valorarías a tempada do futbolista catalán?
A súa tempada ata agora está sendo moi boa. Cando o fichamos,
quedoume una sensación contradictoria. Virao en varios partidos no Barça B
(sobre todo) e no Barça, e parecíame un moi bo central, quizás non da talla
para un equipo como o Barça, pero para un xogador máis que válido para a
meirande parte dos equipos. Pola contra, viña de pasar una grave lesión, e, una
vez recuperado, foise para Mallorca, equipo que descendeu, e apenas tivo
protagonismo, xa que pouco xogou. Unha vez transurrido o tempo, parece que o Celta acertou contratandoó.
Titula o Elche 1-0
Celta
A efectividad dalle 3 puntos ao Elche e penaliza ao Celta.
Agora chegaol
Atlético de Madrid a Balaídos. Asinas o empate?
Nunca. Eu o ano pasado fun a Pucela cando dician que tiñamos
un 4% de posibilidades de permanecer, e xa non nos tiñan en conta nin na
quiniela. Se vou a Pucela, con esas minimas posibilidades, sería porque
confiaba no equipo. E está claro que temos mais dun 4% de posibilidades de gañar o sábado.
Como se lle pode
meter man ao equipo de Simeone?
A verdade é que é complicado, porque ten moi bo equipo e
saben perfectamente ao que xogan. Creo que o primeiro paso para gañarlle é ter, como mínimo, a mesma actitude ca eles.
Despois xogar con calma, e aproveitar os espazos que podan deixar, sobre todo,
os laterais, que son moi ofensivos. Tamén é moi importante defender moi
compactos.
Ca volta de Álex
López e Nolito, ademais da recuperación total de Charles, que once utilizarías
ante o conxunto rojiblanco?
Yoel; Hugo Mallo, Costas, Fontás (ou Cabral), Jonny; Oubiña (ou Fontás) Álex López, Augusto; Rafinha,
Orellana e Charles.
A dúbida sería se por a Oubiña ou Cabral. Dependendo de quen
xogara, Fontás estaría na defensa ou no mediocentro.
Cres co Celta pode
pagar os platos rotos da polémica arbitral do derbi madrileño?
Esperemos que non, pero nunca se sabe. No Atlético quéixanse
bastante dos árbitros, pero son un equipo que estivo sesenta e pico partidos de
liga sen que lle pitasen un penalti en contra. De súpeto, pítanlle dous moi
seguidos e xa poñen o berro no ceo.
Fai un pronóstico do
Celta – Atlético de Madrid
2-1, e como case sempre, sufrindo.
Pese á derrota, as
consecuencias foron mínimas, xa que aa zona de descenso está aínda a 7 puntos
de distancia. Cantos máis crees que serán necesarios para asegurar o obxectivo?
O ano pasado foron 37, e este penso que vai a ser moi
similar: 37 ou 38. Así que con 3 victorias máis, 39 puntos, estaríamos salvados
seguramente
Ao Celta espéralle un
mes de marzo complicado, recibindo en Balaídos a Atlético de Madrid, Málaga e
Sevilla, e visitando a Levante e Barcelona. Cantos puntos crees que hai que
esixirlle ao equipo neste tramo de
competición?
Esixir?? Se conseguen 9 (os da casa) sería moi bo, pero, por
que non sacar os 15?? Os 9 puntos vexoó bastante factible. O que lle hai que
esixir é a salvación, non un determinado número de puntos nun tramo da
competición.
Jota foi un dos nomes
dos últimos días. O futbolista celeste, cedido esta tempada ap Eibar, está
firmando unha tempada sobresaliente no conxunto vasco. Debe repescalo o Celta a
próxima tempada? Ten sitio no equipo de Luis Enrique?
A verdade é que ten uns números moi bos. Eu puideno ver 2-3
partidos e sorprendeume para ben. Xa o
coñecia de antes e lle seguía bastante a pista, xa que é do pobo do lado (eu
son de Palmeira e él da Pobra do Caramiñal). Penso que condicións non lle
faltan, e este ano en Eibar está gañando en confianza, que é moi importante
para un futbolista. O problema que eu lle via, dende a “ignorancia” era a
actitude. Dábame a sensación que tiña certos aires de grandeza, e parecía como
se o Celta lle dese igual. Ogallá o tempo me dea una bofatada ou el recue, xa
que eso será bo tanto para el como para o Celta.
![]() |
Coa súa moza durante o Celta - Espanyol da pasada tempada |
O TEST DO CELTISTA
Dende cando e por que
es celtista?
Non me acordo de non ser do Celta. É una tradición familiar.
Un momento
inesquecible?
Moitos, pero sobre todo o ascenso en Lleida e a permanencia
do ano pasado.
Un momento para esquecer?
A final de Copa de Sevilla, na que “éramos favoritos”, e o
descenso do 2007.
O mellor xugador que
viches?
Mostovoi.
Un gol para lembrar?
Sempre se nomea os de
Iago ó Alavés, ou Insa, que o foron. Pero o de Bermejo o ano pasado no desconto
ao Zaragoza….. Foi o primeiro paso para conseguir a permanencia.
O mellor adestrador
que pasou por Balaídos?
Espero que Luis Enrique.
O mellor 11 da
historia del Celta? (*) Non teñen por qué coincidir os futbolistas no mesmo equipo
Cañizares; Michel Salgado, Patxi Salinas, Berizzo, Berges;
Mazinho, Makelele; Gustavo López, Mostovoi, Ratkovic; Iago Aspas.
Gudelj ou Penev?
Como xogador Penev, pero é que Gudelj…significou moito no
Celta.
Manchev ou Cellerino?
Arthuro
(risas).
A mellor bancada do
estadio?
Marcador.
Un cántico ou unha
canción?
Rianxeira e “Futbol de salón”.
Unha frase ou consello
publicitario de Antón López (antigo speaker de Balaídos)?
Un dos primeiros recordos que teño da megafonía era o de “Viaxes
Botafumeiro”.
Define ao Celta nunha
frase
O Celta é afouteza, corazón, orgullo é tradición, pero sobre
todo, paixón.
0 comments:
Publicar un comentario