Este venres o Celta xoga gran parte das súas opcións de permanencia perante dun rival directo na loita pola salvación. O celtismo, consciente da importancia do que hai en xogo, convoca para antes do encontro unha quedada para recibir ao equipo na rúa Manuel de Castro, co gallo de darlle todo o pulo posible ao equipo.
É a primeira vez no que vai de tempada no que se convoca ao celtismo para recibir ao equipo, que baixará pola rúa Manuel de Castro, e non pola rúa os Olímpicos como é habitual, para que poida recibi-lo calor do celtismo. Lembremos que o ano pasado o apoio dos siareiros foi fundamental nos momentos máis importantes, e este é un deses partidos que pode marcar un punto de inflexión na tempada.
Lembrade, o venres 24 de xaneiro ás 19:00 na rúa Manuel de Castro. A quedada, como as do ano pasado. Co mesmo colorido e animación.
0 comments:
Publicar un comentario