Din que en América do Sur en xeral se vive o fútbol doutro xeito, que non é como en Europa. Atreveríame a asegurar que Arxentina e Brasil son as dúas máis grandes fábrica de talentos, que despois exportan o seu produto de calidade por todo o planeta. Se observamos as nacionalidades dos xogadores dun equipo de fútbol punteiro no país que sexa, non resulta nada estraño atoparnos cun arxentino ou cun brasileiro.
Por qué existe no mundo do fútbol certo gusto por xogadores destes países? Creo que a resposta reside na súa maneira de entender este deporte. Aquí en Europa o fútbol é un deporte, un negocio e incluso nalgúns casos unha forma de vida. Pero alí é un todo.
A poboación menos favorecida do Brasil, a miúdo unicamente ten tres formas de abandonar a pobreza: Por medio da droga, sendo un gran músico ou sendo un gran futbolista. Na Arxentina, cando xoga a selección a xente non acude a traballar, e as escolas pechan. Incluso foron capaces de poñer a Maradona á altura de Deus, sendo tan relixiosos como son, e algúns ata aseguran que no 86 a man do Señor descendeu a terras mexicanas para meter á albiceleste na final dun mundial.
A min a forma de xogar ao fútbol que teñen os Arxentinos encántame. Xogan como viven, dun xeito totalmente pasional. Pode que algún sexa limitado técnicamente, como Facundo Sava ou o “Bombón” Rosada, pode que non den o que se espera deles, como Mario Turdó, ou que simplemente sexan un fracaso, como Eduardo Coudet. Pero salvo algún caso especial, todos sudan a camiseta e viven como o que máis cada minuto que pasan dentro da cancha, e por isto moitos chegan a ídolos nos seus respectivos clubes. Para eles o fútbol é unha relixión, e como xa dixen antes polo xeral son moi creentes.
Esta pequena homenaxe ao fútbol arxentino é o meu xeito de agradecerlle a todos os futbolistas do país da prata os seus servizos prestados no Celta. Ven motivado polo moito que se falou estes días de Cáceres. Tamén porque creo que últimamente Augusto sobre todo, e en menor medida Cabral están sendo do mellorciño do equipo, en gran parte pola garra e pasión ca que xogan cando están no verde.
E simplemente é unha conxetura, pero pode ser que no máis fondo do meu ser aprecie tanto o fútbol arxentino porque un día o meu ídolo foi un futbolista ao que apodaban “Cuervo”. O seu nome de pila, Gustavo López…
0 comments:
Publicar un comentario