![]() |
Foto: Marta G. Brea |
Despois dun mercado estival que chegou a ilusionar a gran parte dos seus seguidores, comezaba a liga para un Celta que foi de máis a menos. Nos primeiros encontros o nivel de fútbol practicado polos nosos non era nin moito menos similar ao que se debería alcanzar no mellor momento de tempada, cousa totalmente normal, debido á falta de adaptación de moitas caras novas. Aínda así o equipo na casa prometía cando xogaba como na primeira parte fronte o Espanyol e como case todo o partido ante o Granada, prolongando esa ilusión forxada na pretempada. Por se fora pouco, no primeiro desprazamento acadábase unha impensable victoria no Villamarín, un estadio onde ata este ano era complicadísimo sacar puntos.
Pero como o curso pasado, a boa impresión inicial non ascendeu a cotas maiores (polo menos ata o momento), quedou nun simple espexismo. Cal é o problema deste Celta? Ben, eu creo que o primeiro erro foi noso, da afección, pola exacerbada alegría que nos producía no verán cada unha das ilusionantes fichaxes que se fixeron. Pensamos que se facía un equipo para estar arriba, incluso os máis ilusos falaban de UEFA, mentras recibían a Rafinha como se se tratase do mesmo Ronaldinho. Rafa é un rapaz con un grandísimo potencial, que de aproveitalo poderá acabar xogando entre os máis grandes, pero que a fin de contas está este ano en Vigo para aprender. Aínda que estou seguro de que pode dar moito máis do que está dando, non podemos demandar que se colgue o equipo ás costas e o faga xogar. Está aquí para sumar, non para ser peza fundamental.
Nolito e Fontás, as dúas fichaxes máis experimentadas en fútbol de primeiro nivel, están nun nivel de forma lonxano do que sería óptimo, sobre todo o andaluz. O de Sanlúcar pode rendir porque é un xogador de moita calidade, pero polo momento non está a dar todo o que se esperaba del.
Aurtenetxe pouco puido demostrar no Celta, ao principio pola cabezonería de Lucho de poñer a Toni de lateral, e por pagar os pratos rotos despois do estropicio de Getafe. Cando parecía que iba empezar a gañarse a titularidade, unha inoportuna lesión mantívoo no dique seco estas últimas semanas.
Por último, a expectación que creaba Charles na súa chegada a Vigo creo que era desmedida para un xogador que con case trinta anos nunca debutara en primeira división. Igual sucede con Luis Enrique, que aínda non demostrou nada como adestrador, máis que un bo ano en segunda división cun equipo repleto de xogadorazos.
Teño un amigo que asegura dende pretempada que o Celta tiña mellor equipo o ano pasado que este ano. Eu eso non o sei, pero do que sí estou seguro é de que a directiva non cubríu suficientemente ben o oco deixado por dous futbolistas importantes os últimos anos, como son Roberto Lago e sobre todo Iago Aspas.
Eu personalmente quedábame antes con Aspas e Park, que con Charles e David, pero isto xa é unha opinión personal. Tampouco descartaría a Túñez, pero creo que esa é unha decisión do técnico que hai que respetar.
O que está claro, sen contar co que se poida fichar en inverno, hai que tirar co que hai, que é suficiente válido para acadar o obxectivo da permanencia sen excesivos sobresaltos. Entre as fichaxes, os rapaces que subiron da canteira e os que xa estaban o ano pasado formouse un grupo bonito, que irá “in crescendo” co paso do tempo, pero a súa conservación depende en gran parte da categoría na que estemos para o ano.
Este fin de semana hai unha nova oportunidade para achegarnos un pouquiño máis ao noso obxectivo.
*Este artigo foi escrito antes do partido fronte á Real Sociedade
0 comments:
Publicar un comentario