Que se manteña o toque


Ata quedou abraiado o propio adestrador, David de Dios. O técnico recoñeceu que lle sorprendeu o rendemento dos seus xogadores no primeiro partido da tempada en Logroño. Alí chegou una vitoria a domicilio tras realizar unha pretemporada regular, por non decir mala.

Probablemente, o técnico esperaba que ós seus xogadores precisarían algo máis de tempo pero o certo e que sumaron os tres puntos e agora afrontan a visita do Ourense a Barreiro (18:00, TVG2)  con moita tranquilidade e case sen presión. Iso si, David de Dios ten que facer alomenos un troco. A lesión de Santi Mina obriga a trastocar a alineación.

Para ocupar o extremo esquerdo do ataque existen varias opcións. Unha lóxica sería poñer Aitor e a segunda máis rebuscada que Borja Iglesias se vaia á banda e Thaylor ocupe a posición de nove. É a modificación obrigada, pero podería chegar outra. Javi Rey, convocado polo primeiro equipo e que non xogou, ten opcións de entrar no equipo e de facelo sentaría a Borja Domínguuez. 

Pola súa banda, o ourense chega a Vigo despois de gañar o seu primeiro partido ante o Compostela no Couto e agora tratará de sumar outros tres puntos no seu segundo encontro de rivalidade da campaña.

0 comments:

Publicar un comentario