Toni, a polivalencia como virtude


Foto: José Lores
Bastaron apenas dúas semanas de convivencia para que Luis Enrique apreciase as virtudes, que non son poucas, de Toni. A súa versatilidade seguramente sexa unha das máis destacadas, xa que se pode mover por toda a franxa do ataque, tanto polas dúas bandas como no centro. O sistema 4-3-3, que xa puxera en práctica Eusebio no Celta adaptase á perfección ás súas cualidades polo que pode ser un xogador moi útil para o equipo. 

Ademáis diso, Luis Enrique está probando a Toni no lateral esquerdo. A dúbida é se soamente se trata dunha solución de urxencia, un parche en definitiva mentras non chega o lateral esquerdo, ou é realmente unha alternativa. Inclínome a pensar que se trata do primeiro. O Celta, por moito que Luis Enrique o negase no día de onte, está rastrexando o mercado na busca dun lateral esquerdo. E vai chegar. A opción preferida seguramente é Canella, pero semella que non será doado traer a Vigo a este xogador, así que se barallan  outras opcións. 

Non é a primeira vez que se proba a Toni nesa posición, e incluso ten xogado nalgún partido, sempre por circunstancias do encontro en forma de inferioridade numérica ou lesión dun compañeiro no medio do partido. Se é capaz de adaptarse a esa posición gañará máis opcións para entrar no once, ou polo menos para quedar en Vigo, que é a día de hoxe o seu obxectivo. Ogallá o consega porque ten potencial para ser un bo xogador, aínda que ata o de agora non o acabase de demostrar. Non obstante, e con independencia da súa aclimatación a esta posición, Luis Enrique ben debería valorar o que lle pode ofrecer noutras demarcacións. 

0 comments:

Publicar un comentario