Nin os malos resultados, nin albiscar o abismo cada vez con máis claridade, consegue afundi-la moral dos afeccionados celestes, que durante esta semana se organizan para non deixar ao equipo só de cara ao importante encontro deste luns. O domingo pola mañá hai unha convocatoria por parte da Peña Celtista Jorge Otero, á que se uniron máis colectivos, para animar ao equipo no derradeiro adestramento, que será en Balaídos, e para o luns, como vos comentábamos esta mañá, a convocatoria, no mesmo lugar, será ás 20:00.
As peñas Irmandiños e Celtarras, dúas das máis animosas do estadio céltico, convocan a todolos celtitas a que se den cita nos exteriores da bancada de gol para facer un recebemento ó equipo como o das grandes ocasións. Pretenden reaviva-lo espiritu do Celta - Xerez da pasada tempada, aquel que fixo entender, tanto á afección como aos propios xogadores, que ás veces non todo é a cantidade. Así que, se queredes amosa-lo voso apoio ao vestiario do Celta esta é a vosa oportunidade. Lembrade, a cita é o luns ás 20:00 no exterior da bancada de gol.
0 comments:
Publicar un comentario