El rincón del celtista (Capítulo XX): Mario Fernández López


Mario, de celeste, xunto a Xaime Escudeiro e un amigo

Mario Fernández López, “Máfer” para moitos, ten 19 anos. A pesares de nacer e vivir en A Guarda, síntese rosaleiro, xa que, como el di,  "un é de onde pace". Socio número 4.570 e membro da peña Baixo Miño, leva nove tempadas sofrindo na bancada de Río Alto onde acode cos seus amigos. O Celta é a súa gran paixón xunto co balonmán, deporte do que é árbitro federado, motivo polo cal tense perdido algún que outro partido.

ACTUALIDADE

Dolido pola derrota ante o Valencia en el último minuto?

Evidentemente, escapóusenos un punto nos últimos intres cando xa parecíamos telo. Pero isto é fútbol, agora  hai que levantala cabeza, esquecerse do partido e pensar en gañar en Getafe que é o máis importante agora mesmo.

Foi xusto o resultado?

A primeira parte pudimos ir ao descanso por riba no marcador, pero acabamos pedindo a hora ante un Valencia que desbordounos no último cuarto de hora. Digamos que o empate era unha boa colleita para nós.

Que che pareceu a alineación? Gústache o cuarteto atacante que plantexou Herrera?

Salíu o noso 11 de gala, coa baixa de Lago, pero saímos con todo. Deste xeito nunca podes recriminar nada o adestrador. De medio campo para adiante temos unha boa cifra de xogadores hábiles e determinantes.

E o centro da zaga con Túñez y Demidov? Gañoulle o sitio o noruegués a Cabral?

Está claro que Gustavo perdeu a partida con Demidov. Creo que na primeira volta da Liga Cabral non tivo case competencia no seu posto directo. De tela, estou seguro que non xogaría tanto como o fixo. Demidov cumple ben e é capaz de quitalo balón controlado. Un acerto de Paco Herrera.

Orellana volveu a Balaídos. Que valoración fas do primeiro encontro do chileno no seu regreso?

Pois que non se olvidou da complicidade de xogo, nin da interactuación constante con Iago. Véselle moi cómodo sobre o céspede de Balaídos. É un grandísimo xogador e vai ser unha das claves da permanencia.

Titula o Celta 0-1 Valencia

Fuxe un punto de Balaídos a falta de dez segundos.

Por segunda semana consecutiva, o equipo está en postos de descenso. Quenes son os culpables da situación?

Por que ten que haber culpables? Ninguén o é. Estamos ahí metidos por circunstancias da competición, por mala sorte. Non hai que buscar culpables, senón solucións.

Que necesita o equipo para salir do pozo?

Sumar de tres en tres. Calidade haina, actitude, tamén. Apoio do afeccionado, absoluto. Temos todos os ingredientes para facer unha boa sopa. Seguro que sí.

Plantéxaste o cese de Herrera? Ten crédito ilimitado o técnico catalán?

Non. Nunca. Xamais. No mundo do fútbol non se pode decir que un adestrador teña crédito ilimitado porque agora fas un mal “Tourmalet”, veste ahí abaixo e a saber o que pode pasar. Pero non hai que pensar así. Hai que confiar no plantel técnico do ascenso. Será o da permanencia tamén.

Agora chega un partido importantísimo ante o Getafe. Vistos os resultados a domicilio, firmas o empate?

Un punto é pouca recompensa por ende creo que non estamos en posición de aceptar un empate. Hai que salir a dalo todo e se se perde que sexa dándoo todo. Esa ten que ser a nosa esencia.

Oubiña será unha baixa sensible. Como cubrirías a súa ausencia? Debería ter fichado o Celta un pivote defensivo no mercado de inverno?

Non se trata de falar agora se necesitabamos un “xogador 6” ou no. Temos o que temos e hai que sacarlle rendemento. Oubiña é insubstituíble.  Ninguén fai o traballo sucio que el fai. E ademais quita o balón xogado de maneira maxistral. Eu creo que Herrera vai usar a Cabral de mediocentro e por esta vez creo que temos que entendelo. O cambio era Bustos e agora non está. Insa non me parecería acertada opción. E Levy Madinda... ahí o deixo (risas).

Fai un pronóstico do Getafe – Celta

0-3. Aspas, Park e Alexis Ruano en propia porta!

Finalmente, salvarémonos? Que tres equipos descenderán?

Pregunta moi sinxela: sí! Deportivo, Mallorca e Osasuna.


Mario, coa bufanda vermella, no Santiago Bernabeu


EL TEST DEL CELTISTA

Dende cando e por que es celtista?

Meu avó 35 anos de socio, miña avoa 34, meu tío 20... De quén vou ser se non? O meu caso é un caso atípico, xa que eu fíxenme socio na primeira tempada en Segunda despois de 7 anos en Europa. Sempre dixen que os favorecidos do descenso fomos eu (que convencín a miña nai de que me deixara) e Jose Manuel Pinto, que comezou a xogar (risas).

Un momento inesquecible?

Este último ascenso. Sen dúbida.

Un momento para esquecer?

Os Celta vs Huesca, Girona, Real Unión... con 5.000 espectadores escasos e un aburrimento de tres pares de narices.

O mellor xogador que viras?

O noso Zar, está claro. Pero inda teño na retina a demostración futbolística dun tal Thierry Henry en oitavos da Champions. Sí señor.

Un gol para recordar?

Un clásico: Pepe Nacho en San Siro (risas).

O mellor entrenador que pasou por Balaídos?

Se en febreiro de 2001 chegamos a ser nomeados o mellor equipo do mundo no momento, será mérito en parte de Victor Fernández non?

¿Revivo o Gustavo López?

O Corvo!

¿Arthuro o Papadopoulos?

Toni ou Abalo?

A mellor bancada do estadio?

Encántame ver sempre ateigada de xente a bancado de Marcador.

Un cántico ou unha canción?

1923 de Keltoi.

Unha frase ou consello publicitario de Antón López (antigo speaker de Balaídos)?

“Pola banda de laíño, pola banda de lestrove. Polo norte ou polo sur da cidade. Bocaterías cervexarías La Lira, Tomás Alonso 115 e Bailén 11” (risas).

Que serías capaz de facer para que volvese Celestino?

Que volva cando queira. Ten a porta aberta!

Define ao Celta nunha frase.

Corazón, entrega, lealtad, tesón, afouteza.

0 comments:

Publicar un comentario