
Fai unhas datas, a través da súa conta en Twitter, Andrea Sánchez, máis coñecida por todos como Karpinha, pedía a tódolos celtistas fotos e vídeos de ánimo para Hugo Mallo. Na sua testa bulía a idea de poder facer unha nova montaxe como una forma de demostrar o alento que lle quere dar o celtismo ao xogador de Marín. O resultado foi excepcional, unha vez máis, e queremos compartir con vos como lle quedou o vídeo. Se as sensacións que nos deixou a nos lle chegan a Hugo, o esforzo terá merecido a pena.
Seguir a @DavidPenela
0 comments:
Publicar un comentario