Sergio: "Tentaremos ir alí e gaña-lo partido"


FILIPA GONÇALVES
Sergio Álvarez pasou pola zona mixta do Estadio Municipal de Balaídos ao remate do encontro que disputaron Celta e Real Madrid. O canteirán lamentou o gol encaixado: "Mágoa dese gol encaixado nos últimos minutos que deixa a eliminatoria aberta. Tentaremos ir alí e gaña-lo partido", explicou Sergio que non se rinde: "Se o equipo está ben, temos que saír a gañar todolos partidos". 

O gardamallas destacou a solidariedade do equipo: "A clave foi o sacrificio de todo o equipo na axudadas aos compañeiros cando eles atacaban, e despois a calidade que tivemos hoxe co balón, estivemos acertados, atopamos espazos e asociamonos ben". Un Sergio vital na segunda metade e que se mostrou moi humilde: "Na primera metade non me tiraron moito, tivemos o partido máis controlado. Na segunda estivo aberto e tiveron máis ocasións", dixo sen destaca-la súa actuación persoal. 

0 comments:

Publicar un comentario