O obradoiro de Karpinha segue a emocionarnos. Nesta ocasión achéganos un vídeo que titula "A longa travesía do celtista.. {Loubanza ós ETERNOS} no que repasa os derradeiros anos do Celta, pragados de decepcións e sinsabores. Unha travesía longa, que vai dende o descenso sofrido en 2004, o primeiro en doce anos, ata a fatídica quenda de penaltis de Granada, con un canto á esperanza final. Xa superamos a longa noite de pedra e superamos os séculos escuros. Merecemos este futuro. Sin máis desfrutade del e non deixedes de entrar no seu espazo en Youtube para desfrutar de vídeos anteriores.
0 comments:
Publicar un comentario