E que cumplan moitos máis...


BRAIS ALONSO


Foi o de onte, un día especial para os celtistas de A Coruña e Catoira. Namentres na localidade "vikinga" celebraban o primeiro aniversario da Peña Sergio Álvarez "O Gato", na Coruña, tiña lugar o acto de presentación da peña "Norte Celeste".

E é que a pesar de que esta última xa viña funcionando nos últimos meses, non foi ata onte que tivo lugar a inauguración oficial. O lugar escollido foi o hotel Attica 21 e ata alí se achegaron un bo número de celtistas que non perderon a ocasión de fotografiarse con Krohn-Dehli, Augusto Fernández ou o mítico Vlado Gudelj.  Ademáis, contaron co apoio do vicepresidente Ricardo Barros e o presidente da Federación de Peñas do Celta, José Méndez.

Por motivos de seguridade, todo o que rodeaba a este acontecemento tiña un aire de clandestinidade, pero por sorte non hubo ningún incidente que destacar e todo se desenvolveu nun clima de concordia.

Non é "Norte Celeste" a única peña do Celta que se atreveu a conquistar "territorio enemigo" xa que en novembro de 1999 constituirase en A Coruña a peña "Terra Celeste". Lamentablemente, e a pesar de que chegou a contar con máis de 150 socios, disolveuse polos problemas que viña sufrindo.

Así pois, dende aquí queremos desexarlle moitas felicidades a esta nova peña celtista e sobre todo...moitos anos de vida!

Pola súa parte, o gardamallas do Celta, Sergio, disfrutou dun sentido homenaxe por parte dos celtistas que celebraron con él o primeiro aniversario da peña Sergio Álvarez "O Gato".

No lugar de Dimo, no concello de Catoira e rodeado de familia, amigos, veciños e celtistas da zona, festexou este primeiro ano de vida da peña nun acto íntimo que contou ca presencia de algúns dos seus compañeiros e amigos do primeiro equipo do Celta.

Os peñistas falaron con orgullo do seu debut en Primeira o pasado mes de outubro, un soño cumprido para Sergio e brindaron por todos os éxitos que están por chegar para él e para o equipo vigués.

O acto pechouse co sorteo entre os peñistas de entradas para o partido de Copa entre o Celta e o R. Madrid, no que confían obter unha victoria celeste e poder disfrutar dunha exhibición dos reflexos do "gato de Catoira".

0 comments:

Publicar un comentario