![]() |
Foto: marca.com |
A nova do día anunciona Paco Herrera na rolda de prensa de esta mañá. Pese a recibir Javi Varas o alta médica, Sergio será o gardameta titular do Celta no Santiago Bernabeu. O de Catoira, que xa coñecía dende onte a súa titularidade, pasou por diante dos micrófonos e afirmou non estar asustado, pero sí sentirse con ilusión e moita responsabilidade. "O Bernabeu é un campo no que quere xogar todo o mundo. Tratarei de facelo ben para axudar ao equipo e poder seguir xogando. As verbas do míster axudan a coller confianza e a seguir traballando, posto que xa se ve que isto cambia dun día para outro. Teño que intentar aproveitala oportunidade", proclamou. Ademais, comentou que varios dos integrantes da peña que leva o seu nome desprazaranse ata a capital de España: "esperemos que disfruten e que veñan animados de volta", declarou o canteirán celeste.
En relación ao rival de mañá, o Real Madrid, Sergio recoñeceu a peligrosidade de todos os membros da plantilla branca: "todos son perigosos, non só Cristiano". "Se estamos todos ben, quizáis non teña moito traballo. Sei que vai haber que sufrir, pero se o conseguimos imos ter as nosas opcións", sentenciou. Ademais, non quixo pronunciarse sobre as súas preferencias entre Karim Benzema e Gonzalo Higuaín: "ambos son difíciles de parar", sentenciou.
Por último, e como nota divertida da rolda de prensa, o cancerbeiro celeste recoñeceu entre risos que poñen o Miudiño e cancións típicas galegas no vestiario para, segundo as súas verbas, "que os estranxeiros váianse adaptando".
0 comments:
Publicar un comentario