
Na sociedade actual, o fútbol trascende máis alá do que agardarían aqueles que un día decidiron implantar as actuais regras dese xogo coñecido como Fútbol asociación. O balompé, opio do pobo e distracción das masas, tamén pode servir como exemplo e modelo de conducta para os máis cativos. Nese sentidos, as imaxes que se viviron durante o transcurso dos últimos derbis galegos xogados a tempada pasada non inciden positivamente na imaxe que os galegos temos de nós mesmos, e a impresión que poden te-los nenos dos seus maiores. E por iso que nós, os adultos, debemos ser os primeiros en dar exemplo.
César Ramós achegounos este vídeo realizado polo alumnado de sexto curso do CEIP Lamas de Abalde, en Santiago de Compostela, con referencia ao derbi do próximo sábado. O traballo, titulado "por un derbi galego sen violencia", consta dunha montaxe de vídeo e dun manifesto que se pode descargar na seguinte ligazón.
No mesmo, podemos ver unha fermosa reflexión que vai máis aló do derbi. "Non nos gusta que cando os nosos pais e nais nos veñen ver xogar se insulten entre eles, lle berren ao árbitro e incluso insulten ao noso adestrador, non saben que a nós o único que nos importa é xogar e pasalo ben cos nosos compañeiros", relatan os alumnos no seu comunicado. Sobre o derbi aseguran que "Queremos poder ver os partido cos nosos pais e nais con tranqulidade, gustaríanos que esa xente que fai esas cousas cambiase os insultos e pelexas por ánimos e aplausos cara o seu equipo e que todos e todas gocemos deste xeito co deporte". "Todos e todas somos galegos e galegas, por un derbi galego sen violencia", conclúe o manifesto.
O ano pasado, con motivo do derbi disputado en Balaídos, todolos medios dixitais que siguen ao Celta xuntámonos baixo unha iniciativa co mesmo nome que agora escollen os nenos do CEIP Lamas de Abalde. Por un derbi galego sen violencia. A unión entre as webs e medios que siguen a ambos equipos non deu os froitos agardados, xa que, lamentablemente, vivíronse incidentes que non queríamos ver. Agora non o pedimos nós, pideno os nenos, o futuro do fútbol, a canteira de afección de ambos equipos. Eles só queren ir tranquilos ao fútbol e ver aos seus ídolos. Non permitamos que se queden sin fútbol pola nosa culpa.
0 comments:
Publicar un comentario