O sábado 13 de outubro é a data elixida para o homenaxe a Fito Domínguez, vocalista do grupo A Roda, recentemente falecido. Será no Auditorio Mar de Vigo. A entrada é de balde, pero precisase invitación. Ditas invitacións repartiránse no Concello de Vigo a partires do luns da vindeira semana. No Telefeono de Atención Cidadá (010) poden despexar calqueira dúbida que teñades.
O acto lembrará a figura de Fito e non faltarán os temas tradiconais que popularizou o grupo vigués coa persoal voz do cantante de Teis, moi vinculado ao Celta e ao celtismo nas últimas tres décadas. O concerto contará coa presenza do grupo A Roda á que se unirán numerosos artistas como Mini e Mero, Xurxo Souto, Anxo Pintos ou Susana Seivane entre outros.
0 comments:
Publicar un comentario