![]() |
TVG |
Sempre xenial no campo e fora del. Esta maña no Porto Pesqueiro de Vigo, Iago Aspas era a personalidade elixida para dar o pregón de apertura da X Festa do Marisco Vigomar 2012. Dentro das formalidades propias de dito acto, louvando a festa e a súa organización, quixo tamén contar as bondades do produto que da nome a dita festa: o marisco da nosa Ría de Vigo.
Para elo non dubidou acordarse do máis mediático entre os futbolistas e o seu actual estado no Tuenti: Cristiano Ronaldo e o seu estou triste. O bo de Iago, co seu estilo, estivo enorme: “O marisco é a nosa poción máxica, a nosa principal fonte de forzas e proteínas para afrontarnos ós rivais en cada partido. Por iso ó Celta nunca lle pasaría ter un xogador triste. Por iso, dende esta tribuna, lle digo aos xogadores que están tristes que estes días pasen pola Festa do Marisco de Vigo e verán como lle pasa esa tristura.”
Podedes ver o vídeo a continuación, a partires do minuto seis:
Seguir @DavidPenela
0 comments:
Publicar un comentario