Tra-la marcha de Yoel ao Lugo, Sergio pelexará con Javi Varas por un posto no once inicial. O de Catoira xogou onte na segunda metade do partido que enfrontou ao Celta e á Académica de Coimbra. Sergio cree que estos partidos son bos "para ir collendo ritmo de partido e de balón" e certifica que "gañar sempre che da un plus de confianza". Nese sentido, tamén destacou o reparto de minutos de Herrera: "Xogamos todos o mesmo tempo para ir collendo minutos e confianza, que é o máis importante".
O canteirán levou un golpe durante o partido, aínda que prefire restarlle importancia: "Saltei a por un balón e deume co seu cóbado nun ollo de forma involutaria", precisa. Por último, Sergio recoñeceu atoparse moi agusto co seu novo compañeiro, Javi Varas: "Estou moi agusto traballando con él, como estou con Rubén ou con Yoel cando traballamos xuntos".
0 comments:
Publicar un comentario