![]() |
Foto: Eugenio Álvarez |
A loita polo ascenso está igualadísima e compre estar en plena forma nestes derradeiros encontros: "Agora está todo moi apretado. Isto non para, temos pouco tempo para desfrutar esta vitoria. Sairemos mentalizados ante o Xerez de que temos que gañar, e con esa mentalización será posible que os tres puntos se queden outra vez aquí", explicou Sergio, a quén non lle importa moito os horarios: "Xogaremos cando nos manden, temos que aceptalo. Canto antes se acabe, se acaba ben, mellor para nós", sinalou Sergio que ve positivo xogar antes que o Valladolid: "Se xogas antes e gañas, o rival sabe o que ten facer e sempre terá algo máis de presión". Con todo, é consciente de que o Celta ten o ascenso na súa man: "Nós ficemos o noso traballo e temos que olvidarnos dos demáis e pensar só no partido do mércores", finalizou.
0 comments:
Publicar un comentario