Fernando Vázquez: "Co ascenso conseguín un nivel de adrenalina insuperable"


No seu primeiro ano no Celta conquistou o ascenso. No segundo logrou outro galardón de indiscutible mérito: clasificar a un recén ascendido para xogar a Copa da UEFA. Pero ese éxito fíxolle dano. No club non valoraron nin o seu traballo nin a súa forte aposta pola canteira: Borja Oubiña, Roberto Lago, Jonathan Vila ou un xovencísimo Iago Aspas traballaron con él. Na súa terceira temporada en Balaídos, a directiva destituíuno cando o equipo sentiu a ameaza do descenso. Dende entón, Fernando Vázquez non volveu sentar nun banco. Pero iso non impide que siga moi pendente do seu Celta.

-¿Cómo recorda o ascenso?
-Con moita alegría. Foron momentos inolvidables pero tamén duros e de moita tensión porque foi como se tiveramos que vivir un ascenso dobre. Recordo que na véspera do partido de Lleida todos estábamos moi nerviosos porque, despois de facer unha gran temporada, todo podía irse ao traste por un partido. Naquel encontro, cando conseguimos o ascenso, case perdín o control de mi mesmo pola tensión que tiña dentro. Foi una celebración tremenda no campo, conseguín uns niveis de adrenalina insuperables.

-Seis anos despois o Celta vólvese a xogarse o ascenso na última xornada co Córdoba.
-Pero hai moita diferenza entre as dúas temporadas porque agora xoga na súa casa e ten o ascenso na súa man. Aos dous equipos válelle o empate e eu creo que a situación está bastante clara. Estou convencido de que cando un resultado cumpre os obxectivos dos dous equipos é moi probable que ese resultado se produza, sen necesidade de preparalo. No campo ninguén vai querer asumir un risco innecesario e ao final, aínda que a xente se sorprenda, é normal que se de ese resultado.

-¿Qué similitudes ve entre o seu Celta e o de Paco Herrera?
-Os dous fomos equipos equilibrados, que é o que esixe a Segunda División. O Celta é un dos equipos que mellor fútbol fai da categoría, e nós tamén tiñamos una idea parecida de fútbol equilibrado e alegre porque de medio campo para arriba tiñamos xogadores de moito talento. As variables xerais do fútbol non eran moi distintas, quizás o Celta de agora sexa un pouco más rápido co meu.

-¿Sufriu moito vendo ao Celta estes anos en Segunda?
-Era un sufrimento esperado porque o fútbol está moi marcado polo aspecto económico e todos sabíamos que antes de volver a emerxer íamos ter que pasar por un túnel. Sufrimento si, pero razoado.

-A recuperación de Borja Oubiña é unha satisfacción para Fernando Vázquez.
-Por suposto. Borja tivo moi mala sorte porque era un xogador que estaba chamado a alcanzar cotas moi altas. A súa proxección era tremenda, tíñao todo para triunfar de forma rotunda no fútbol, pero as lesións matárono. Ten un valor tremendo que siga aí pelexando por volver. E mira, ao final vai a conseguir un novo ascenso. A súa traxectoria é coma unha metáfora do Celta porque o seu sufrimento estivo vinculado ao do club.

0 comentarios:

Publicar un comentario